domingo, 1 de diciembre de 2013

Concurso: THE GREEN MAN

Os canteiros e talladores de madeira de antaño divertíanse facendo homes verdes, que escondían nas igrexas, catedráis ou outros edificios que decoraban. Estas figuras representan divinidades da natureza, dos bosques e as árbores, e aparecen en case que tódalas culturas. Incluso hai un en Cangas.  E como o noso proxecto é "Coñecemos Galicia", fixemos un Green Man con follas de árbores autóctonas. Na páxina de ARTS and CRAFTS toparedes unha reportaxe de como se fixo o noso home verde.


Pero a nosa pregunta é: ¿Onde está o Green Man de Cangas? ¿seredes quen de topalo, e mandarme a foto ou o lugar? A familia ganadora será recompensada cunha viaxe arredor do mundo visitando todos os monumentos onde tallaran HOMES VERDES!!! (viaxe virtual e imaxinaria...,e.hem!!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario